lunes, 20 de junio de 2016

Visita os éolicos


Para rematar o curso, visita os eólicos coa xente de EDP enerxias reowables.
Unha mañá de xogos, atracións, maxia, aprendizaxe ,regalos... nunha das partes mais altas de Santa Comba.
Mais fotos:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=62

lunes, 30 de mayo de 2016

VII certame "Deseña unha xoia para túa nai". Dylan entre os premiados!

O noso alumno de 6º curso Dylan Calviño Iglesias resultou premiado no VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai" organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría . Noraboa!
Foi un dos doce premiados de entre preto de 8.600 deseños que se presentaron dende toda Galicia. A entrega de premios tivo lugar o venres 29 de abril no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo, en Santiago de Compostela.


jueves, 19 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016


Un ano mais celebramos por todo o alto o día das letras Galegas no centro.
Dende pola mañá empezou a celebración coa interpretación das cantigas de todos os cursos. Os rapaces contaron coa axuda de Gonzalo á guitarra e Alicia ó violín.
O mal tempo impediu  a celebración dos xogos que se aplazaron para o venres.
A tarde a nosa poetisa preferida Regina regalounos un exemplar do seu libro recentemente publicado, Noelia deleitounos coa sua voz e pandeireteiras e gaiteiros fixeron unha auténtica festa.
Rematamos cantando todos " Na lingua que eu falo", un final inmellorable!
Mais fotos na galería como non:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=60

lunes, 9 de mayo de 2016

Excursión a Linares

Os alumnos de 6º como gañadores da fase provincial do concurso "gana puntos con la educación vial" viaxamos a Linares acompañados polos de 5º para a final autonómica e unha vez alí, o resultar vencedores, clasificáronse para a final nacional onde remataron nun magnífico 7º posto fallando só duas preguntas de vinte.
A viaxe foi longa, 13 horas para ir e 12 de volta, pero mereceu a pena. Tivemos moitas actividades durante o día e medio que estivemos na cidade andaluza e fixemos novos amig@s e amigas na viaxe.
Os alumn@s repetirían pero... en avión para a próxima!
Tendes mais fotos na galería da web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=59

E no festival de fin de curso poderedes ver tamén un video resumo da viaxe.

miércoles, 20 de abril de 2016

Contacontos Manuel de Paderne

Outro  contacontos que se pasou polo cole, esta vez Manuel de Paderne acercounos a figura de Manuel María cunha interesante historia!
Algunha fotiño mais na galería:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=58

viernes, 8 de abril de 2016

Visita cesteiro ,carpinteiro e alfareiro

Durante un par de dias tivemos no cole invitados moi especiais, un alfareiro, un cesteiro e un home que recicla madeira sen ser carpinteiro coma tal.
Todos eles axudaron a mostrar os oficios tradicionais os alumn@s do cole que prestaron máxima atención e participaron con eles.
Mais fotos:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=57

miércoles, 30 de marzo de 2016

Visita Mupega e Museo Pobo Galego



Rematando o segundo trimestre fomos todo o cole a Santiago a visitar o Mupega e o Museo do Pobo Galego, ambos museos moi relacionados coa vida dos nosos ancestros en todos os aspectos da vida.
A visita foi moi proveitosa xa que fixeronse xogos, visitas guiadas, actividades... e rematamos comendo a cuberto en Área Central xa que o día non permitía mais.
Podedes ver mais fotos na galería do cole:

lunes, 15 de febrero de 2016

Entroido 2016

Voltaba o Entroido o cole e este ano os protagonistas eran os mais maiores pero non interpretedes mal... todos os alum@s viñeron difrazados de "maiores" e despois dunha actuación de cada un dos cursos pasouse a degustación de productos típicos e coma novidade este ano un bailes de todo o cole ó ritmo de pasodobre, muiñeira... nun día maravilloso de sol.
Mais fotos en:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=55

jueves, 7 de enero de 2016

Festival Nadal 2015


Chegaban as datas tan especias do Nadal e no cole non iamos deixar de celebrar o clásico festival.
Este ano foi principalmente musical coa inestimable colaboración do mestre de música Gonzalo que preparou bailes e panxoliñas para todos aparte das elaboradas actuacións de infantil posuposto.
O broche final puxoo como non Papá Noel repartindo caramelos para todos e todas os asistentes.
Aquí tendes mais fotos das actuacións de todolos cursos:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippepedexan/galeria/thumbnails.php?album=54

miércoles, 16 de diciembre de 2015

Visita do Apalpador

Este ano antes do nadal tivemos unha visita moi especial no cole! nada menos e "o apalpador" directamente dende as montañas do Courel!
Contounos historias moi interesantes sobre os bosques, os animais e todo o que ten que ver coa natureza da Galicia mais auténtica. Tod@s quedamos encantados coa sua visita e esperamos que nos volte visitar pronto!